I. Tránsitos

16022009:00:42

cheguei máis tarde do que esperaba

imaxino que estás en Oviedo

grazas por te lembrar

cando chegues vente por aquí

02032009:13:52

aínda estou no bus

chegarei tarde envíame

unha mensaxe con número da aula e o piso

ó final ficarei no hotel

26092009:11:07

mirei hoxe a túa mensaxe

fun cedo durmir

mañá hei aclarar

29092009:02:21

hoxe fechei tarde

e mañá tamén saio a última hora

escribireite esta semana

06102009:20:03

hoxe non podo

hoxe fecho e o xefe está aquí

mañá terei que marchar

16112009:21:56

estou na habitación

sube cando podas por favor

21122009:04:38

dormes?

27042009:19:30

estou a voltar para Xixón

aproveitei que elas marchaban

espero que nos vexamos antes de te ir


24042010:20:06

buscámoste na habitación

ás nove saímos

22052010:20:01

teño bastante traballo atrasado

grazas pola invita

ó final non poderei ficar

01122009:22:54

mañá ás 12?

10062010:13:23

irei con vós

só dime onde nos atopamos

02092010:03:47

tiven que vir ó meu piso

porque faleceu o meu pai

moita sorte na túa defensa

02092010:17:47

estou no aeroporto

chego na noite

quería recoller canto antes

as cousas que me gardaches

04022010:04:01

no Atlántico

28022011:18:03

si, doulle un ataque

e por riba mandárono ó paro

e ti? hoxe un aniño máis vello

11092010:23:51

de 21:30 a 23:00

pero onte nos alargamos

de máis


06072010:21:09

de todos os xeitos

terei que pasar polo Porto

tratarei de facer que coincida

10032011:23:34

era para falar diso

pero non sei se estás aquí

se non chegas tarde te busco

16092007:09:02

non te preocupes

mais deberías chamarme

na volta de Madrid

08082009:20:16

ela porase contentísima

podemos se te apetece

quedar algún día para tomar un café

11052008:20:11

hoxe ía vir

mais ninguén contestou

máis ca ti

é posible que non se faga